InicioDeportesO CD Lugo confirma o positivo dun dos seus xogadores

O CD Lugo confirma o positivo dun dos seus xogadores

O club realizou un cribado con test PCR ao resto do persoal

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O CD Lugo confirmou este venres un positivo en Covid-19 no cadro de xogadores e que permanece illado..

Pouco despois de que o adestrador, Luís César Sampedro, asegurase que tiña a todos os xogadores dispoñibles, o Lugo confirmou o contaxio dun dos futbolistas. O afectado fora contacto estreito dun contaxiado e por iso o club puxo en marcha o protocolo de LaLiga, illou ao xogador e confirmou o positivo con PCR.

O xogador que deu positivo está a cumprir corentena, atópase ben e, en cumprimento da normativa, está sen contacto algún co resto de integrantes do equipo, segundo explicou o club galego.

O Lugo realizou un cribado con test PCR ao resto do persoal por iniciativa propia para reforzar as esixencias en materia de actuación do protocolo de competición e adestramentos disposto por LaLiga. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...