InicioDeportesGiorgi Aburjania e Borja San Emeterio chegan ao Club Deportivo Lugo

Giorgi Aburjania e Borja San Emeterio chegan ao Club Deportivo Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo oficializou a incorporación do mediocentro xeorxiano Giorgi Aburjania e do lateral dereito Borja San Emeterio de cara a vindeira tempada, ambos procedentes do Sevilla Atlético. Aburjania chega cedido con opción de compra para o club lucense e Borja San Emeterio asina en propiedade por tres tempadas. Aburjania ten 23 anos, mentres que Borja San Emeterio ten 21 anos.

Giorgi Aburjania é un pivote ambidiestro que colabora ofensiva e defensivamente, técnico e con chegada. Destaca tamén pola súa altura (1,87 metros).

Fichou polo Gimnàstic de Tarragona na fiestra de fichaxes da tempada 2015-2016 xogando 16 partidos e marcando 2 goles nun equipo que rematou en terceira posición na Segunda División. As dúas últimas campañas, xogou no Sevilla Atlético, tamén en Segunda competindo en 13 e 22 encontros, respectivamente.

É internacional absoluto por Xeorxia. Tamén foi convocado polos combinados sub 21, sub 19 e sub 17.

Pola súa banda, Borja San Emeterio é un lateral dereito que pode xogar como central. Moi competitivo e potente.

O xogsdor de Torrelavega debutou co Racing de Santander na tempada 2014-15 en Segunda xogando 19 partidos. Compite en 13 encontros na seguinte campaña en Segunda B. En 2016, ficha polo Sevilla Atlético participando en 10 e 23 partidos, respectivamente.

Estas fichaxes súmanse ás do porteiro Alberto Varo, o central Miguel Vieira, o extremo zurdo Juan Muñiz, o extremo diestro Carlos Calderón e os dianteiros Jona Mejía e Jean Marie Dongou.

Ambos xogadores serán presentados o vindeiro luns 6 de agosto ás 13 horas no estadio Ángel Carro.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...