InicioDeportesO lucense Iago Díaz ficha polo Recreativo de Huelva

O lucense Iago Díaz ficha polo Recreativo de Huelva

PUBLICADA O

- Advertisement -

O extremo lucense Iago Díaz é novo xogador do Real Club Recreativo de Huelva, que compite en Segunda División B e coñecido como o “Decano” por ser o equipo máis antigo de España. Asina por unha tempada e procede da S.D. Ponferradina, tamén en Segunda B e onde xogou a campaña pasada 31 partidos de Liga e 2 de Copa marcando 3 goles.

Iago, de 25 anos, ten dous ascensos a Segunda: co Club Deportivo Lugo en 2012 e coa Cultural y Deportiva Leonesa en 2017.

Debutou co Lugo o 4 de decembro de 2011, en Segunda B, na visita ao Rayo Vallecano B e, nesa tempada, xoga 17 partidos marcando 1 gol. Competiu en Segunda co equipo da súa cidade entre 2012 e 2015 xogando 92 partidos e marcando 11 goles. Tamén, disputou 5 partidos de Copa co Lugo.

Posteriormente, ficha pola U.D. Almería, en Segunda, xogando entre 2015 e o mercado de inverno de 2017 competindo en 31 partidos de Liga e 2 de Copa e aportando 2 goles. Coa Cultural y Deportiva Leonesa, 18 encontros e 2 goles.

Suma 123 partidos en Segunda, 66 en Segunda B e 9 de Copa.

Iago Díaz Fernández é un extremo diestro que habitualmente xoga por banda esquerda e que se caracteriza pola verticalidade, capacidade para ir ao espazo, o despliegue físico e o olfato goleador.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...