InicioDeportesO lucense Hugo Sánchez non continuará no Santiago Futsal

O lucense Hugo Sánchez non continuará no Santiago Futsal

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ala lucense Hugo Sánchez Flores non continuará no Santiago Futsal despois de cinco tempadas no equipo, en Primeira División.

Hugo, de 29 anos, competiu na máxima categoría nas últimas nove tempadas entre Azkar Lugo F.S. (2009-2011), Benicarló F.S. (2011), Marfil Santa Coloma (2012), C.D. Burela (2012-13) e Santiago Futsal (2013-2018). Santiago Futsal xogará a vindeira campaña en Segunda División tralo descenso de categoría.

O Santiago Futsal subliña que o xogador lucense “é un exemplo como deportista e como persoa”. 

Hugo Sánchez amosou os seus sentimentos en Twitter: “O que me coñece sabe de boa man que estou tremendamente orgulloso de ter defendido esta camiseta e a esta cidade. Foi un auténtico pracer.”

Hugo destaca pola súa notable capacidade defensiva, sentido táctico e olfato de gol. 

Mañá terá lugar a despedida ás doce do mediodía en “A Nave de Vidán”.

 

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...