InicioDeportesO CD Lugo xogará ao FIFA co Celta e o Depor para...

O CD Lugo xogará ao FIFA co Celta e o Depor para recadar fondos contra a COVID-19

Abanca organiza un triangular virtual, no que tamén participarán varios artistas galegos. Polo Lugo, xogarán Yanis Rahmani e Jaime Seoane, ademais do cómico Víctor Grande e o presentador Brais Doval. O diñeiro recadado irá destinado ao Sergas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Un xogo triangular virtual de fútbol con participación de xogadores do CD Lugo, RC Celta de Vigo e o RC Deportivo pretende recadar fondos para axudar a enfermos do Covid-19 e afectados pola pandemia de coronavirus.

Así o indicou nun comunicado a entidade Abanca, patrocinadora deses clubs e financiadora dese xogo con finalidades solidarias. A celebración da competición está prevista de venres a domingo, de 19:30 a 20:30 horas e será a través do FIFA 20. As doazóns faranse vía transferencia á conta bancaria do Sergas.

Ademais de xogadores do Lugo, Depor e Celta, tamén participan neste torneo algúns artistas galegos. Daquela, polo Lugo están confirmados os centrocampistas Yanis Rahmani e Jaime Seoane, ademais do cómico Víctor Grande e o presentador Brais Doval. Polo Celta, xogarán Denis Suárez e Brais Méndez, con Fran Cañotas e Duarte Galbán. Os representantes do Depor serán, á súa vez, Víctor Mollejo e Mujaid Sadick, xunto a Marcos Pereiro e Rodrigo Vázquez.

Ademais, Donato, Manel e Manu Rodríguez serán os comentaristas e a narración contará coa voz da xornalista Rocío Candal.

Cada equipo xogará un total de catro partidos de vinte minutos, que serán retransmitidos a través do portal desafio.abanca.com e pola TVG2. Poderanse seguir tamén a través do Facebook Live.

+ posts

ÚLTIMAS

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...

O BNG reclama ao Goberno central apoio ao Museo da Romanización en Lugo e a inclusión do Cuartel de San Fernando no 2% Cultural

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...