InicioDeportesEsther, capitá do CD Lugo, súmase ao reto viral de dar toques...

Esther, capitá do CD Lugo, súmase ao reto viral de dar toques cun rolo de papel hixiénico

A dianteira do equipo feminino aproveitou o vídeo para insistir na importancia de respectar as indicacións das autoridades sanitarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A capitá do CD Lugo Feminino, Esther, uniuse a un dos retos virais máis estendido  polas redes sociais nestes últimos días de corentena. Non é outro ca o de gravarse dando toques cun rolo de papel hixiénico coma se fose un balón.

No vídeo, compartido a través do perfil de Twitter do seu equipo, tamén aproveitou para lanzar unha “mensaxe moi importante” ás seareiras e seareiros. Esther incidiu na necesidade de seguir as indicacións das autoridades sanitarias e quedar na casa para facer fronte á expansión do coronavirus. Velaquí o vídeo:

ÚLTIMAS

Dous detidos por causar 17 incendios forestais en parroquias de Vilalba

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de...

Cristina Lombao será a pregoeira do San Froilán 2025 e Branca Villares lerá a ofrenda a Rosalía

A xornalista Cristina Lombao será a encargada de pronunciar o pregón do San Froilán 2025,...

Lugo lanza 640 accións formativas para impulsar a dixitalización no rural

A Deputación de Lugo pon en marcha este mes o programa “E para dixitalizarse...

Varias denuncias de lucenses vítimas dunha estafa piramidal con criptomoedas

Numerosos veciños de Lugo e da provincia denunciaron ser vítimas dunha estafa piramidal vinculada á...