InicioDeportesO lucense Adrián Chapela sube unha categoría e ficha por Força Lleida

O lucense Adrián Chapela sube unha categoría e ficha por Força Lleida

PUBLICADA O

- Advertisement -

O base lucense Adrián Chapela ficha por Força Lleida Club Esportiu, de LEB Ouro, para a vindeira tempada. Chapela procede de Club Fundación Lucentum Baloncesto Alicante, de LEB Prata, polo que subirá unha categoría e competirá en LEB Ouro, segunda categoría do baloncesto español. É a primeira fichaxe do equipo ilerdense que adestra Jorge Serna. Adrián Chapela, de 24 anos e 1.92 metros de estatura, chegou á final polo ascenso á LEB Ouro co Baloncesto Alicante perdendo no quinto e definitivo partido ante o Real Canoe.

O lucense promediou 7.5 puntos, 2.6 asistencias, 2.7 rebotes e 1 recuperación en 23´32″ por partido en liga regular para unha valoración de 9.1. Nos 13 partidos de playoff, rexistrou unha media de 7.5 puntos, 4 asistencias, 2.5 rebotes, 1.3 recuperacións en 22´35″ por partido para unha valoración de 10.5. 

Chapela competiu no Club Baloncesto Breogán entre 2012 e 2015, en LEB Ouro, chegando ao quinto partido da final polo ascenso á Liga Endesa en 2015. Entre 2015 e 2017, defendeu a camisola do Xuven Cambados, en LEB Prata.

O base lucense foi internacional español sub 18, campión europeo en 2011 e gañador do prestixioso Torneo de Manheim en 2012.

Segundo Jorge Serna, o seu futuro adestrador en Força Lleida, Adrián Chapela “dominou os últimos anos a LEB Prata, sendo un base de referencia. Pode xogar en dúas posicións e ao bloqueo directo, e ten capacidade para defender diferentes posicións exteriores”.

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...