InicioDeportesEmilio Viqueira, novo director deportivo do C.D. Lugo

Emilio Viqueira, novo director deportivo do C.D. Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo anunciou a Emilio Viqueira coma novo director deportivo para as vindeiras catro tempadas. Porén, firma contrato até o 30 de xuño de 2022. Viqueira será presentado o mércores 13 de xuño a partir das doce do mediodía no estadio Ángel Carro. Substitúe a Víctor Moreno, director deportivo albivermello dende abril de 2017.

Emilio Viqueira, nado en Santiago de Compostela vai 43 anos, traballou coma director deportivo no Xerez Deportivo e Gimnàstic de Tarragona. Co Nástic, acadou o ascenso a Segunda en 2015 e, en 2016, loitou até a última xornada polo ascenso directo a Primeira División. Nas dúas últimas campañas, salvaron a categoría en Segunda na derradeira xornada. Viqueira desvinculouse do Nàstic o pasado 17 de maio.

Foto das canles oficiais de Club Deportivo Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...