InicioDeportesO C.D. Lugo terá equipo feminino en convenio co PM Friol

O C.D. Lugo terá equipo feminino en convenio co PM Friol

O Club Deportivo Lugo anunciou un convenio de filialidade con Peluquería Mixta Friol, equipo que milita na Segunda División do fútbol feminino

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo anunciou un convenio de filialidade con Peluquería Mixta Friol, equipo que milita na Segunda División do fútbol feminino, e pasará a denominarse oficialmente coma “Friol C.D. Lugo”. O equipo vestirá a equipación do Lugo, seguirá xogando no campo da Reigosa de Friol, aínda que competirán circunstancialmente no estadio Ángel Carro. O Lugo, ademáis, apoiará estruturalmente ao PM Friol.

O presidente do Friol, Geluco Villar, afirmou no programa “Galicia en goles” da Radio Galega ao compañeiro Roberto Carlos Carballo que levaban “un ano traballando no tema” despois dunha chamada de Tino Saqués, presidente do Lugo. Villar comentou que xestionarán “da man en fichaxes e corpo técnico” e que “tentarán” crear un segundo equipo, un filial. O acordo é só por unha temporada por normativa da Real Federación España de Fútbol (RFEF), pero a intención é que sexa por máis campañas, segundo confirmou Geluco Villar na Radio Galega.

Segundo o Club Deportivo Lugo, “o apoio a todos os axentes que conforman a sociedade de Lugo, ao deporte formativo e ao deporte feminino representa unha das pedras angulares sobre as que se fundamenta o proxecto presente e futuro do C.D. Lugo”.

Foto de cdlugo.com

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...