InicioDeportes"La Jaula Movistar" en Lugo o 21 e 22 de xuño

“La Jaula Movistar” en Lugo o 21 e 22 de xuño

Trátase dunha competición de baloncesto 3x3 en categorías masculina e feminina, concursos de mates, música en directo e outras actividades na Praza de Santa María de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

ACB e Movistar organizan “La Jaula Movistar” o venres 21 e o sábado 22 de xuño en Lugo. Trátase dunha competición de baloncesto 3×3 en categorías masculina e feminina, concursos de mates, música en directo, etcétera. Terá lugar na Praza de Santa María de Lugo.

A fase final será en Zaragoza o domingo 30 de xuño .

Os interesados e interesadas poden inscribirse en Movistar Likes para participantes entre 16 e 40 anos, ámbalas dúas idades inclusive, cunha competición con 16 equipos de cada categoría.

Os premios para o equipo gañador en cada unha das dúas categorías son de 4.000 euros en metálico, 4 abonos para a Supercopa Endesa de Madrid neste 2019 e merchandising de “La Jaula Movistar”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...