InicioDeportesTito Díaz: "Estamos a traballar moi ben"

Tito Díaz: “Estamos a traballar moi ben”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tito Díaz, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu na rolda de prensa previa á visita breoganista a Valencia Basket este sábado 4 de maio ás 18 horas. O técnico lucense considera que Valencia Basket, “despois de Real Madrid e Barça, é o equipo máis en forma da ACB”, “está a un nivel altísimo”, “liberouse da presión ao gañar a Eurocup e clasificarse para a Euroliga” e “é un equipazo”. “Sergi García sería o noso xogador franquicia”, explicou sobre o base de Valencia Basket cedido a Bàsquet Manresa.

Sobre o Breogán, afirmou que “están a traballar moi ben”, “os xogadores están a facer un esforzo extraordinario tódolos días e en tódolos partidos” e están “con confianza”. “Salvo o partido de Estudiantes, estamos competindo en todos”, reivindicou.

Sobre Daniel Ochefu, baixa na pasada xornada, contestou que “comezou a facer algo onte”. “Hoxe ímolo probar”, explicou. En canto a Tadija Dragićević, que reapareceu o pasado sábado, “fáltalle ritmo” e “é un xogador de gran nivel técnico e táctico” que “está dentro porque Daniel Ochefu está fóra”. Sobre Ricardo Úriz, comentou que “está na mesma situación que Dragićević” e “leva tres días adestrando”.

Loubou ao escolta lucense Sergi Quintela, que debutou o pasado sábado, porque “está a axudar moitísimo nos adestramentos”, “é un xogador que ten unha enerxía, unha intensidade defensiva e un ritmo de ACB”. “Estou moi ledo de que esté con nós”, declarou.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...