InicioCulturaO cartel oficial do Arde Lucus 2019 xa ten gañador

O cartel oficial do Arde Lucus 2019 xa ten gañador

'Legatvs', do lucense Juan Ramón Morales Núñez, será o cartel oficial do Arde Lucus 2019, recreación histórica que cumpre a maioría de idade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Legatvs, de Juan Ramón Morales Núñez, presidirá o cartel anunciador do Arde Lucus 2019. O xurado profesional escolleu este deseño entre os dez finalistas seleccionados por votación popular. A imaxe oficial da festa declarada de Interese Turístico Nacional, a celebrar os días 14, 15 e 16 de xuño, foi desvelada este mércores pola concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

A imaxe que anunciará a gran recreación histórica, que cumpre a maioría de idade neste 2019, recibiu a máis alta valoración dun xurado conformado pola deseñadora gráfica Lucía Barrios, o fotógrafo Jesús Burgo, e o vicedirector da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Alejandro Carro.

Obra do lucense Juan Ramón Morales Núñez, o cartel oficial do Arde Lucus tivo que superar en primeira instancia a votación popular na que participaron máis de dez mil persoas. Por vez primeira, o gañador recibirá un premio de 1.300 euros.

Basadre convidou tamén a asociacións de recreación histórica e á veciñanza a colaborar coa nova exposición que programa o Concello para conmemorar a décimo oitava edición do Arde Lucus. A participación consistirá en enviar un máximo de cinco fotografías ao enderezo electrónico lucusarde@gmail.com. Exporanse no Vello Cárcere en maio e xuño.

O Arde Lucus medra en espectáculo, mais non en recadación

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...