InicioCulturaAbre o programa ilustrarNÓS cunha demostración de debuxo de Siro López

Abre o programa ilustrarNÓS cunha demostración de debuxo de Siro López

A actividade forma parte do programa ilustrarNós da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, unha iniciativa orientada a promover a creación artística e popularizar a obra de profesionais da ilustración entre a rapazada que inclúe obradoiros e charlas en centros educativos e un certame

PUBLICADA O

- Advertisement -

O debuxante Siro López “Siro” (Ferrol, 1943) visitou este martes o Pazo de San Marcos onde ofreceu unha demostración aberta ao público. O artista ferrolán, homenaxeado este ano polo Día da Ilustración, fixo dúas caricaturas de Ramón Otero Pedrayo e improvisou unha viñeta humorística.

O debuxante compartiu co público a ilusión intacta polo debuxo malia contar “ 83 anos e máis de 7.000 debuxos publicados” mentras trazou dúas caricaturas de Ramón Otero Pedrayo,  lembrando que foi o primeiro en facerlle unha caricatura. A continuación, creou unha viñeta humorística tomando como referencia  dúas persoas que asistían á demostración.

A actividade forma parte do programa ilustrarNós da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, unha iniciativa orientada a promover a creación artística e popularizar a obra de profesionais da ilustración entre a rapazada que inclúe obradoiros e charlas en centros educativos e un certame.

A deputada de Cultura Iria Castro agradeceu “a xenerosidade de Siro López que ademais de compartir o seu talento gráfico expresou un especial agarimo pola cidade de Lugo e contou anécdotas de artistas e intelectuais lucenses cos que coincidiu ao longo da súa traxectoria como Anxel Fole,  Celestino Fernández de La Vega ou Tino Grandío”.

Obradoiros

O propio  Siro López impartiu dúas destas actividades esta mañá no IES Lucus Augusti e no IES Nosa Sra dos Ollos Grandes, das que destacou a participación e o interese amosado por todo o alumnado.

A proposta de actividades para centros educativos inclúe tamén obradoiros da man da ilustradora e deseñadora lucense Sandra Lodi -Premio Castelao de Banda Deseñada en 2024 – , que nas tres vindeiras semanas visitará o CPI de Castroverde, o CEIP Rosalía de Castro de Lugo, o CEIP Albeiros de Lugo, o CEIP  Virxe da Luz de Portomarín, o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda, o CPI Dr. López Suárez de Friol, o CEIP Terra Cha de Vilalba e o CEIP Concepción López de Baleira.

Certame escolar

No marco de ilustrarNós, a Vicepresidencia da Deputación convoca a cuarta edición do certame escolar de ilustración ilustrarNÓS,  que convida ao estudantes de 5 e 6 de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio  a sacar os lapis e os pinceis e representar graficamente o humor, o tema elixido para esta edición do certame. As bases do certame foron enviadas aos centros eductivos e están dispoñibles na web cultura.deputacionlugo.gal. O prazo para enviar os traballos está aberto ata o 19 de maio, incluído.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...