InicioCulturaA Vicepresidencia da Deputación participa na presentación do Entroido de Val de...

A Vicepresidencia da Deputación participa na presentación do Entroido de Val de Francos, en Castro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada Iria Castro participou este martes na presentación do programa do Antroido de Val de Francos, que celebran as parroquias de Ansemar, Goberno e Balmonte, no concello de Castro de Rei.

No acto, celebrado no Museo do Castro de Viladonga, cunha ampla representación da veciñanza, a comisión organizadora  presentou a programación prevista o martes 17 de marzo no Campo do Carril, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Nunha chiscadela a este Antroido tradicional, a responsable de Cultura fixo unha intervención en forma de sermón – en estrofas de catro versos, con rima entre versos impares e pares – na que destacou a tradición desta celebración popular e debullou a programación musical, cultural e lúdica que acompañará a xuizo do Antroido.

Os sermóns que se declaman antes da queima do Antroido e as máscaras de fareleiros son os elementos máis singulares deste celebración de Antroido, documentada desde comezos do século XX.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo implicouse nos dous últimos anos en visibilizar o valor patrimonial do Antroido de Val de Francos; o ano pasado, coa dixitalización dun cartel histórico, realizado en 1993 por Xosé Vizoso, e este ano, cunha homenaxe a Xosé Manuel Carballo e Edelmiro Garcia como principais valedores da revistalización do Antroido nos anos noventa.

Degustacións de receitas de razas autóctonas con produtos locais
Ademais de colaborar na programación musical do Antroido, coas actuacións dos grupos de música tradicional Os Valuros e Os cantos da Valura, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará na programación con degustacións gratuítas de produtos de Galiña de Mos, Porco Celta e Raza de Vacún Limiá a través do programa de promoción de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto .

As persoas asistentes poderán probar carnes destas razas autóctonas subministradas por produtores e produtoras locais: croquetas de Galiña de Mos (produtos de José Luis Freire Castedo, de Suegos, en Pol e de Chousa do Lea, en Castro Ribeiras de Lea),  minihamburguesas de carne de vacún de raza limiá (carne de Granxa Taluco, de Loentia, en Castro de Rei),  arroz meloso de 3 tomates con costela de Porco Celta e Rock and Roll de boloñesa Celta con crema suave de allo (carne de Porco Celta O Cibrao)

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...