InicioCulturaA Xunta "mantén o seu apoio" ao Museo da Romanización en Lugo,...

A Xunta “mantén o seu apoio” ao Museo da Romanización en Lugo, pero pide a Concello que consiga financiamento

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asegurou que quizáis o proxecto non se levou a cabo aínda pola dificultade do Concello de "sacar adiante proxectos" polas discrepancias entre socialistas e nacionalistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asegurou este mércores que Xunta “mantén o seu apoio” á creación do Museo da Romanización de Galicia en Lugo, pero lembrou que esta colaboración está pendente de que o Concello lucense consiga financiamento europeo ou estatal para reconverter o antigo cuartel de San Fernando. Así o sinalou López Campos no pleno do Parlamento de Galicia tras ser preguntado pola deputada socialista e exalcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre as previsións do Goberno galego para desenvolver este proxecto.

O conselleiro indicou que o goberno local comprometeuse hai un ano a conseguir este financiamento, para converter nun museo o antigo cuartel de San Fernando, un Ben de Interese Cultural do século XVI. “A Xunta de Galicia quere colaborar co Museo da Romanización”, insistiu, indicando que o Concello “debe cumprir a palabra dada” en outubro do ano pasado ao presidente galego, Alfonso Rueda, nunha reunión entre ambas as partes, cando se comprometeu a conseguir financiamento, xa sexa de fondos europeos ou do Goberno central.

“Por tanto, xa hai un acordo enriba da mesa”, subliñou López Campos, apuntando a que quizáis o proxecto non se levou a cabo aínda pola dificultade do Concello de “sacar adiante proxectos” polas discrepancias entre socialistas e nacionalistas. Pola súa banda, Lara Méndez criticou que o cuartel continúe sen ter uso despois de ser comprado en 2005 para cedelo á Xunta e desenvolver este museo.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...