InicioCultura(Vídeo) O circo romano fixo vibrar ao Arde Lucus

(Vídeo) O circo romano fixo vibrar ao Arde Lucus

Carreiras de bigas e salto a cabalo dun aro de lume, entre as probas que seis intrépidos gladiadores tiveron que enfrontar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Como cada ano, un dos momentos máis agardados da festa do Arde Lucus é o circo romano. A explanada do pavillón municipal converteuse este sábado nunha area de combate romana, recreando unha sorte de Xogos OlímpicosCarreiras de bigas e salto a cabalo dun aro de lume foron dúas das probas que fixeron tolear ao público. Seis intrépidos gladiadores enfrontábanse en tres equipos e non faltaron as pelexas e ‘picadas’ entre eles e co público do equipo contrario. Case dúas horas de espectáculo que remataron coa vitoria do equipo azul e con Arturus Británicus, un dos representantes do equipo branco, espertando paixóns entre os asistentes.

E máis aló do circo, o desfile das tropas ao redor da muralla paralizou a cidade a última hora da tarde: centos e centos de persoas ataviadas de época, xa fose de xente do común ou de soldados romanos, paseáronse pola ronda da Muralla, facendo as delicias de todos aqueles que os atopaban ao ser paso. A música tamén foi a raíña da festa, en especial os tambores, que non deixaron de soar en ningún momento, acompañando desfiles e amenizando comidas. Ademais, non hai que esquecerse dos campamentos romanos, onde os asistentes poden coñecer de primeira man como era a vida durante a época romana.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...