InicioCulturaEsta fin de semana, Feira de San Isidro na Milagrosa con 80...

Esta fin de semana, Feira de San Isidro na Milagrosa con 80 expositores

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, será o pregoeiro dunha feira que contará con expositores de Galicia, Portugal e León, e que servirá para ensaiar a peatonalización da praza da Milagrosa do vindeiro ano

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e o Presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Jesús Vázquez, presentaron este mércores, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, a 21.ª edición da Feira de San Isidro da Milagrosa, que acollerá o corazón deste barrio, a Praza da Milagrosa e as rúas Menorca e Divina Pastora, esta fin de semana, do 25 ao 27 de maio.

No acto de presentación, Méndez, quen definiu a Feira de San Isidro como unha «cita imprescindible para a sociedade lucense, que se vincula ademais cos produtos autóctonos do campo, que tan importante é para o municipio e para a provincia»; agradeceu o traballo diario, ao longo dos útlimos 20 anos do «capital humano da feira», a veciñanza da Milagrosa, non só por organizar esta iniciativa, senón por «poñer en valor o que temos» e polo desenvolvemento social e económico da contorna e da cidade.

A rexedora desexoulle moito éxito á edición desta feira, que agarda que sexa a última vez que teña lugar na Praza da Milagrosa «tal e como a coñecemos a día de hoxe», pois espera que a 22 edición desta cita se celebre nunha «zona disposta para os veciños e veciñas, nunha zona peatonalizada, con máis espazo de esparexemento e de lecer para convivir, pois a cidade tamén se fai nas rúas», subliñou. «E así o cremos dende o Goberno, e por elo apostamos por recuper espazos para o seu uso públio, habilitando novas zonas de conexións social, tamén para potenciar este tipo de eventos», concluíu. A aposta pola peonalización tamén se sumou Campos e Vázquez.

Pola súa banda, o Presidente da Deputación, que pregoará esta feira, subliñou que «dende a Deputación non dubidamos en colaborar un ano máis coa feira, pois trátase dun verdadeiro revulsivo e unha oportunidade para impulsar o comercio dos pequenos e medianos empresarios da provincia. Esta colaboración enmárcase no conxunto de iniciativas que temos en marcha coa Asociación de Veciños da Milagrosa coas que dinamizar económica e socialmente este barrio lugués ao longo do ano​. Ademais do apoio económico, tamén destaca a nosa colaboración coas demostracións en vivo de olaría a través do CENTRAD. Así como con actuacións musicais de grupos folclóricos a través do programa Musiqueando. Quero agradecer aos organizadores que se tiveran acordado de min para ser o pregoeiro desta cita. É unha honra ser partícipe dunha celebración con tanta historia».

80 expositores, música, exposicións ao vivo e degustacións

Jesús Vázquez, quen agradeceu a colaboración dos Gobernos do Concello e da Deputación con esta cita  na que se reivindica o agro e artesanía, explicou os detalles desta nova edición da feira, que concentrará a uns 80 expositores e artesáns procedentes de Lugo, do resto da comunidade de Galicia, León e norte de Portugal.

Na vixésimo primeira edición desta convocatoria, ademais de venda de produtos, tamén haberá degustacións gratuítas. Concretamente de hojaldre o venres, despois do pregón, cando se repartirán 500 unidades; de rosquillas o sábado, cun reparto estimado de 1.200 unidades, e o domingo, de chourizo á parrilla, estando previsto a distritución de 2.000 unidades. Esta cita, que naceu para render homenaxe ás orixes rurais dos e das residentes no barrio, tamén contempla actuacións musicais. Os actos tamén engloban a entrega dos galardóns José Carballido aos mellores 10 stands da feira.

Plan de tráfico por mor da cita

Para a celebración do evento, é preciso o corte do tráfico rodado da Praza da Milagrosa os devanditos días 25, 26 e 27 de maio, desviándose o tránsito de vehículos de rúa Mallorca e rúa Yañez Rebolo por rúa Milagrosa, en dirección á rúa Xulia Minguillón.

Para a montaxe e desmontaxe dos postos, os días 24 e 28, non se precisa corte de tráfico, pero sí a prohibición de estacionamento na carga e descarga e parcialmente da parada de taxis da Praza da Milagrosa. Nas confluencias de Yañer Rebolo con Xulia Minguillón, e Rúa Mallorca con Avenida da Coruña, instalaranse carteis informando do corte da Praza da Milagrosa.

O corte afecta ás liñas dos autobuses urbanos deste xeito:

O venres 25 e sábado 26, afecta ás liñas 1 (Campus Universitario-Piringalla), que desviará o seu percorrido por rúa San Isidro, e a 5 (A Campiña-Abella), que o fará por Tino Grandío e Lamas de Prado.

O domingo 27 verase afectada a liña 11E (Calde-Piringalla-Albeiros) que desviará o seu percorrido por rúa San Isidro.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...