InicioCulturaConsulta xa os horarios dos concertos da Candeloria

Consulta xa os horarios dos concertos da Candeloria

O festival lucense A Candeloria anunciou os horarios dos seus concertos, con máis dunha ducia de actuacións de grupos de rock, rap ou ska entre o 1 e o 2 de marzo no Pazo de Feiras e Congresos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O festival lucense A Candeloria anunciou os horarios dos seus concertos, con máis dunha ducia de actuacións de grupos de rock, rap ou ska entre o 1 e o 2 de marzo no Pazo de Feiras e Congresos.

Nacido en 2014 coa vontade de traer a Lugo unha programación musical de rock, rap, punk ou ska “de primeiro nivel”, durante estes anos “consolidouse como un evento de referencia para os amantes do xénero”. Esta edición, coas entradas case esgotadas, trae dúas noites de música e unha sesión vermú de Cantos de Taberna.

Tal e como apuntan nun comunicado, un dos “pratos fortes” da edición será a despedida do grupo valenciano ZOO, que tocará o 1 de marzo ás 22:55 horas, sendo esta a súa única actuación en Galicia. Non será a única despedida, o grupo Os Chikos do Millo anunciaron recentemente unha “tregua indefinida” desde o próximo ano e pasará polo palco o sábado ás 23,30 horas.

Completan o cartel do venres 1 de marzo, Rebeliom do Inframundo, a galegos Familia Caamagno, Pigs Parlament, o grupo de rap Ira, Kamikazes e Jordi Pánico, que será o dj entre actuación e actuación. O sábado 2 de marzo pasarán polo palco, xunto a Chikos del Maíz, Mafalda, Soziedad Alcoholika, a banda de ska punk italiana Talco, o dúo feminino Tribade e Arrhythmia. Tamén estarán Me Fritos and The Gimme Cheetos, mentres que A Duendeneta animará entre actuacións.

ÚLTIMAS

Entregan 2.000 sinaturas na Xunta para ter pediatra en Castro e Outeiro de Rei

Unha representación das familias afectadas pola falta de pediatra dos concellos de Castro de...

Lugo terá novo alcalde o vindeiro martes tras constatarse a “boa sintonía” entre Fernández e Arroxo

O pleno de investidura para elixir ao novo alcalde da cidade de Lugo terá...

Miguel Fernández será o novo alcalde de Lugo tras o falecemento de Paula Alvarellos

O que foi número dous na lista da exregidora e deputada autonómica Lara Méndez,...

‘O Millón’ do sorteo de Euromillones deixa un gañador en Lugo

O boleto acertante de 'O Millón' do sorteo de Euromillones deixou un gañador en...