InicioSociedadeUn xulgado de Lugo négase dúas veces a notificar en galego

Un xulgado de Lugo négase dúas veces a notificar en galego

O titular do Xulgado do Penal Número 2 de Lugo incumpre o tratado internacional ratificado en 2001 que recoñece o dereito a ser informado en galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

GaliciaConfidencial | “No ha lugar”. Esa foi a resposta que lle deu en dúas ocasións o titular do xulgado do penal núm. 2 de Lugo a unha persoa afectada que pediu recibir en galego unha sentenza relacionada coa denuncia a un piquete informativo na folga xeral de 2010.

O xuíz apoiou a sua negativa no artigo 231 da Lei orgánica do poder xudicial que permite notificar sentenzas só en español. Pero A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que está incumprindo o artigo 9 da Carta Europea das linguas, “que como tratado internacional ratificado polo Estado español ten un rango superior á LOPX”, apunta.

Por iso, esta entidade anunciou que se dirixirá ao Consello Xeral do Poder Xudicial, para que advirta ao xuíz que está obrigada a cumprir os compromisos adoptados polo Estado en relación aos dereitos lingüísticos do cidadán afectado. “A Mesa xa se ten pronunciado en diferentes ocasións a respecto deste artigo da LOPX, que se sitúa claramente fóra da Carta europea das linguas, promovida polo Consello de Europa e ratificada polo Estado en 2001”, indica nun comunicado.

A Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias é un tratado internacional promovido polo Consello de Europa para garantir a normalidade das linguas minorizadas que o Estado español ratificou en 2001 no seu grao máximo. Segundo a Carta, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo Estatuto en ámbitos como educación, xustiza, administración, relación sociais e económicas, cultura ou relacións transfronteirizas.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...