InicioSociedadeIES Santiago Basanta Silva, de Vilalba, 1º Premio do Club de Lectura...

IES Santiago Basanta Silva, de Vilalba, 1º Premio do Club de Lectura de España

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitou o pasado 6 de xuño en Vilalba ao equipo docente e directivo do centro de ensino vilalbés.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O IES Santiago Basanta Silva vén de se recoñecido co primeiro galardón nos Premios Clubes de Lectura Escolares de toda España, na modalidade de centros de Secundaria, que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou o pasado martes 6 de xuño o centro, acompañada da alcaldesa en funcións, Elba Veleiro; a concelleira de Educación, Antía Rama; así como da directora do instituto, Mari Trillo; e a responsable do proxecto, Sabela Tenreiro; para coñecer de primeira man as actividades que levan a cabo no Club de Lectura `Almas de tinta´.

O proxecto educativo conta con máis de 100 participantes, de todos os niveis educativos de secundaria e bacharelato, ademais dun grupo de adultos integrado por profesorado e veciños e veciñas do municipio. “Sodes un exemplo da importancia que ten promover plans orientados no desenvolvemento e crecemento dos rapaces e rapazas a través da lectura, con tempos diarios dedicados a ela, formando a lectores competentes, un dos grandes obxectivos do sistema educativo”, salientou a subdelegada.

Neste senso, Isabel Rodríguez avanzou que este recoñecemento do Goberno vai acompañado dunha achega económica de 4.500 euros destinada á realización de actividades “para conseguir que a lectura rompa as fendas estruturais e convértase nun hábito social real”.

UN CLUB DE LECTURA MOI ACTIVO

O club de lectura do IES Santiago Basanta Silva leva dez anos servindo como rede neurálxica para as actividades do centro, realizando acampadas na biblioteca, actos de presentación de autores, faladoiros radiofónicas, roteiros literarios ou representacións teatrais, que proceden da literatura e da lectura de títulos como Aire Negro de Agustín Fernández, Frankestein ou Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas, entre numerosos títulos.

A este respecto, a subdelegada na provincia subliñou que a iniciativa deste centro vai máis alá dos libros, partindo deles, “danse numerosas actividades de distintas manifestacións artísticas que chegan fóra do centro e que fan atractiva a cultura para a sociedade vilalbesa, ofrecendo ideas orixinais, puntos de vista e novos coñecementos, impregnando na cidadanía un gran labor de dinamización”.

Durante o encontro, as profesoras explicaron que cada trimestre o profesorado escolle un ou dous libros, baseándose nas súas propias experiencias ou de propostas do alumnado e ao rematar de lelo, realizase unha actividade relacionada coa temática do mesmo.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...