InicioCulturaO Museo Provincial expón por primeira vez ao público a Cabeza de...

O Museo Provincial expón por primeira vez ao público a Cabeza de Narla

A preza arqueolóxica representativa da cultura castrexa, procede dunha doazón particular

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Museo Provincial de Lugo ven de recibir a través dunha doazón particular “a cabeza de Narla”, unha peza arqueolóxica representativa da cultura castrexa que, a través deste ingreso, se amosa por primeira vez ao público.

A figura exponse desde este venres na sala 9 da sección de Arqueoloxía do Museo de Provincial de Lugo, que nas vindeiras datas programará diferentes actividades para dar a coñecer a historia e o valor da peza para a sociedade lucense.

A doazón abre así mesmo unha nova etapa no estudo e na investigación da peza e da plástica castrexa, a fin de determinar máis polo miúdo as características, paralelismos, cronoloxía ou historia deste ben cultural.

DESCRICIÓN

Figura dunha cara, adosada a un cilindro de granito, de testa lixeiramente abombada, nariz triangular algo mutilada, dous ocos forman os ollos, debaixo do nariz incisión que correspondería a boca, queixo pronunciado. Polos laterais e por abaixo corre unha liña continua indicando o remate das queixadas.

Medidas: Altura: 20 cm / Anchura: 12 cm.

Procedencia: Castro de Narla, Friol, Lugo.

Adscrición Cronolóxica-Cultural: Castrexa (s.d.)

BIBLIOGRAFÍA

A primeira referencia que se ten sobre esta peza é do ano 1956 cando Blanco Freijeiro publica en Cuadernos de Estudios Galegos nº 11 o artigo: “Cabeza de un castro de Narla. Notas sobre el tema de la cabeza humana en el arte céltico”, no citado artigo di que foi un alumno seu da Facultade de Filosofía e Letras de Madrid, D. Amable Veiga Arias, que acabaría sendo catedrático do IES Lucus Augusti, quen lla deu a coñecer. Na publicación describe a cabeza, “hallada casualmente, en fecha y circunstancias ignoradas, en un castro del Narla (Friol)” e ilústrase o artigo con 3 fotos da peza.

Posteriormente, no ano 1965 J. Taboada Chivite, amosa unha foto dela en “Escultura Celto-Romana” no nº 3 de Cuadernos de Arte Gallego. Pasarán moitos anos ata que en 1994 F. Calo Lourido volva a falar dela en “A Plastica da cultura castrexa Galego-Portuguesa”, neste caso Calo Lourido básase nas publicacións anteriores pois a cabeza atopábase en paradoiro descoñecido. No mesmo ano, 1994, Calo Lourido publica na revista CROA nº 4 “Manifestacións da plástica castrexa na provincia de Lugo” onde volve a mencionar a Cabeza de Narla.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través de SMS en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a unha muller para a...

Identificado un grupo de motoristas por circular a gran velocidade por Lugo, un deles a 160 km/h nunha zona de 70

A Garda Civil de Lugo identificou a varios motoristas que circulaban superando "amplamente" os límites de...

A Fundación Reina Sofía realizará unha restauración forestal na Serra do Courel, afectada polos incendios de 2022

A Fundación Reina Sofía anunciou que realizará, en colaboración coa Xunta e a dirección...

O acusado de matar a Cristina Cabo: “Empatizo coa familia”

"Pido perdón polo que fixen, á súa familia e a todas as mulleres". Con...