InicioCulturaPracticar idiomas e facer amigos de todo o mundo sen saír de...

Practicar idiomas e facer amigos de todo o mundo sen saír de Lugo

Dende hai máis dunha década o Lugo Language Exchange aséntase como un espazo de encontro semanal para practicar idiomas e facer novos amigos en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Regresei a Lugo no 2015 despois de once anos fóra da miña cidade, e na miña volta atopei un espazo fantástico para seguir facendo amigos de todo o mundo e ao mesmo tempo seguir practicando idiomas como nos meus anos no estranxeiro.

Daquelas o intercambio estaba coordinado polo seu fundador, o inglés Neil Wykes, unha persoa excepcional que durante moitísimos anos dinamizou a comunidade internacional lucense.

Para min foi unha base estupenda, nos primeiros anos asistín con moitísima frecuencia e agora sigo indo sempre que podo para empaparme do bo ambiente que sempre se sinte nestes encontros.

Actualmente é Rami Salmo, veterinario e investigador sirio no Campus Terra, quen coordina e organiza, como sempre cada martes ás 21h30 (actualmente celébrase no Santuario de Magnus, na Praza do Campo), o Lugo Language Exchange (@lugo_language_exchange en Instagram). Vale a pena descubrilo! Un lugar e un momento semanal imprescindible na axenda cultural da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Produtiva reunión entre Xunta e Deputación de Lugo: “Saio con sensación moi positiva”, di a presidenta

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, levou un decálogo de reivindicacións á...

Lugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán 304 novas vivendas

O Goberno local de Lugo deu luz verde este mércores ao plan parcial para...

A Xunta acusa ao PSdeG de utilización política dos usuarios da residencia das Gándaras

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu este mércores as obras postas en...

Interior destina 9 millóns de euros para a nova comisaría de Policía Nacional de Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, anunciou que a nova comisaría da Policía Nacional,...