InicioCulturaUn libro de xogos tradicionais que naceu na pandemia

Un libro de xogos tradicionais que naceu na pandemia

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolleu días atrás a presentación do libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”, editado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A intención é tamén repartir exemplares entre centros de ensino e centros de atención a maiores que dependen da institución provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Integrantes de asociacións relacionadas coa conservación e difusión do patrimonio lúdico e docentes acudiron ao acto de presentación desta interesante obra organizado pola área de Cultura. A publicación recolle 63 xogos tradicionais, ademais dunha guía de figuras de papiroflexia e outra para deseñar enredos e xoguetes feitos con tapóns de cortiza.

O volume ten a súa orixe nun proxecto do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, que durante a pandemia se ocupou de difundir a través das redes sociais e das súas propias canles dixitais xogos tradicionais adaptados cunha dinámica axeitada a un espazo e un número de participantes reducido, como aconsellaba  a situación de pandemia.

Así, o libro describe e ilustra a practica de xogos como o “vexo-vexo”, “o abellón”, “as palabras encadeadas”, “a roda”, “o pulso dos pulgares”, “o pulso dos pés”, “a goma”, “a pita cega”, “a mariola”, “o muiño”, “as chapas”, “os pelouros”, “o tiramillos” ou “os birlos”, propoñendo, no caso dos xogos que precisan materiais para se desenvolver, o uso de obxectos ou elementos que se poden atopar sen dificultade na casa.

PRESENTACIÓN E INTERVENCIÓNS NO ACTO

A vicepresidenta da Deputacíon de Lugo Maite Ferreiro sinalou na presentación “o interese posto neste proxecto  polas asociacións vinculadas á recuperación do patrimonio lúdico, e especialmente por Xotramu” e “o valor engadido que achegan ao libro as ilustracións de Iván Mouronte, autor dos deseños que acompañan a descrición dos xogos”, e avanzou que a área de Cultura “distribuirá exemplares aos centros educativos da provincia e aos centros de atención a maiores dependentes da Deputación, como material de apoio para o desenvolvemento educativo e cognitivo”.

No acto interviron tamén Paco Veiga, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, Noelia Darriba García e Manuela Vázquez Coto, autoras do prólogo e integrantes de Xotramu,  que repasaron a orixe do proxecto e os criterios de selección dos xogos e a estrutura do libro, así como Iván Mouronte, que se detivo na achega das ilustracións á obra.

ÚLTIMAS

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras un choque en Lugo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas, e unha delas excarcerada, tras chocar un coche...

Unha disputa no fogar acaba cun home e unha muller detidos tras recibir asistencia sanitaria

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o domingo a un home e a unha...

Rescatan en Lugo a un can atrapado nunha xanela

Axentes da Policía Local rescataron en Lugo a un can que quedou atrapado na...

Deteñen un home en Lugo por violencia de xénero

Un home foi detido en Lugo por un delito de violencia de xénero, segundo...