InicioEconomíaO Caudal Fest atraeu a 22.000 asistentes e reportou 3 millóns de...

O Caudal Fest atraeu a 22.000 asistentes e reportou 3 millóns de euros a Lugo

A metade dos asistentes ao primeiro gran festival urbano de Lugo viñeron doutras provincias de Galicia, e un de cada cinco do resto do estado

PUBLICADA O

- Advertisement -

O parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo reuniu ao longo do venres e o sábado a 22.134 persoas. O balance final do Caudal Fest superou as expectativas máis optimistas, converténdose na primeira edición nun dos principais festivais de Galicia.

O primeiro gran festival urbano de Lugo contou cun entorno incomparable, a beira do río Miño. Ademais de saldar a histórica débeda coa música en directo, o Caudal Fest serviu para reivindicar un espazo natural cara o que a cidade quere medrar.

A ubicación do escenario, canda a Ponte Romana e As Termas, e conectado co centro histórico a través da Vía XIX, foi un dos atractivos para as persoas asistentes e os artistas. Os comentarios sobre a organización e os servizos foron maioritariamente positivos, como tamén a acollida do cartel, con máis da metade dos grupos de orixe galego.

As cifras presentadas este martes polos promotores falan da importante repercusión do festival. Ademais dunha ocupación hoteleira do cen por cento en Lugo, e do noventa por cento en localidades veciñas, o Caudal Fest completou o aforo na zona do descanso, con mil persoas.

En conxunto, a cita supuxo un impacto económico de 3 millóns de euros, coa creación así mesmo de douscentos empregos directos. Do total de asistentes, o 32 por cento achegáronse dende a cidade ou puntos da provincia de Lugo; o 48 por cento, das outras provincias galegas; e o 20 por cento, de alén de Galicia. O Caudal Fest foi o segundo evento de maior afluencia no Pazo de Feiras e Congresos, con sesenta xornalistas acreditados, incluso de México.

Os datos foron desvelados este martes pola alcaldesa, Lara Méndez, unha das organizadoras do evento, Iria Quelle, o xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López, e o secretario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL), Jacobo García.

Lugo, o “Mismo sitio, distinto Lugar” de Vetusta Morla co Caudal Fest

+ posts

ÚLTIMAS

Ximena Cheda presenta a súa candidatura para encabezar Podemos Lugo nas municipais

A portavoz do Círculo de Podemos Lugo, Ximena Cheda, anunciou a súa candidatura para...

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...