InicioCulturaFalece o histórico poeta lucense Arcadio López-Casanova

Falece o histórico poeta lucense Arcadio López-Casanova

Foi "unha das voces destacadas da renovación da poesía do último terzo do século XX", sinala a Real Academia Galega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Real Academia Galega (RAG) trasladou o seu fondo pesar pola morte do académico e investigador literario Arcadio López-Casanova, “unha das voces destacadas da renovación da poesía do último terzo do século XX e autor de traballos imprescindibles sobre estilística que abarcan escritores esenciais da historia das letras galegas”, remarca a institución académica.

O académico de honra, nacido en Lugo no ano 1942, vivía na Comunidade Valenciana desde o ano 1968, onde se instalou tras aprobar as oposicións de catedrático de instituto de lingua e literatura españolas. Desde 1986 era profesor da Universidade de Valencia, institución da que foi nomeado catedrático emérito tras a súa xubilación.

Da súa traxectoria, a RAG destaca que, como creador, deixa libros como ‘Mesteres’ (1976), “obra fundamental na renovación da poesía do seu tempo”. Por outra banda, subliña que, a pesar de que deixou Galicia para instalarse en Valencia, non deixou nunca “de cultivar a lingua galega como poeta e como investigador do feito literario”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...