InicioCulturaOs restos de Uxío Novoneyra marchan para O Courel e deixan "aos...

Os restos de Uxío Novoneyra marchan para O Courel e deixan “aos seus amigos Pimentel, Anxel Fole, Álvaro Gil”

A familia decidiu levalos desde o cemiterio de San Froilán "á horta da súa casa", como pediu o poeta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os restos mortais do poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel, 1930-Santiago, 1999) descansarán para sempre no Courel, tras ser trasladados este venres desde o cemiterio de Lugo ata “á horta da súa casa”, como pedira.

Así o manifestaron no acto de despedida celebrado este venres no cemiterio lucense de San Froilán, onde a súa familia recitou versos do poeta: “Vido visto ben Santiago / i esa cuestión non resolta / fago camiño de volta / camiño de volta fago. / Camiño de volta fago / volvo do cabo do Mundo. / Terra só en ti fúndome: / é a certeza que trago“.

Despois de máis de vinte anos en Lugo, os restos do poeta galego descansarán en Folgoso do Courel, na súa casa, como era o seu desexo. “O meu pai era un namorado de Lugo, era de Lugo, eu son de Lugo… pero el pediu facer o camiño á inversa: De Santiago ao Courel pasando por Lugo”, detalle Uxío Novo, fillo do homenaxeado.

RODEADO DE ROSAS

A familia quixo cumprir co desexo de Novoneyra e, tras ler varios dos seus poemas, co himno galego de fondo, describiu o seu novo lugar de descanso: “Estará na horta baixo terra, como el quería, rodeado de rosas, de follas de castiñeiro de verdade e tamén de bronce”.

Así, despois de dúas décadas “rodeado dos seus amigos” Pimentel, Anxel Fole, Álvaro Gil, entre outros, Uxío Novoneyra chega ao final do seu traxecto e descansará, para sempre, na súa casa, rodeado dos seus familiares.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...