InicioLugo e contornaLugoO lucense David Fidalgo, entre os premiados no Festival Internacional de Curtas...

O lucense David Fidalgo, entre os premiados no Festival Internacional de Curtas de Verín

'Reality' foi galardoada como o mellor traballo na categoría A Raia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC) Vía XIV pechou este sábado a súa cuarta edición, na que a peza francesa ‘Á mantenta de Lanzarote en xeral‘ levouse o premio na categoría Outra Mirada. Pola súa banda, a curta ‘Reality‘, do lucense David Fidalgo, foi galardoada como o mellor traballo na categoría A Raia.

Nun acto presentado por Arantxa Treus, entregouse á española Lucía Aleñar o recoñecemento na categoría Nova pola súa obra ‘Forasteira’. Ademais, a cinta canadense ‘Aniksha’ erixiuse como a mellor curta na categoría Horizontes. Igualmente, a estadounidense ‘The letter room’ levouse o premio especial do público.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, valorou que o FIC Vía XIV “xa é un referente que traspasa fronteiras”, pois “o festival, do mesmo xeito que o Entroido, axuda a situar Verín no mapa” e “axuda a conformar o pensamento crítico”.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

A Deputación presenta na poxa de Pedrafita cinco xovencas da Granxa Gayoso Castro

  O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, asistiu este xoves á poxa de xovencas...