InicioCulturaOrgullo lucense: Diego AS, campión compartido das Graffiti Battles da Liga Nacional

Orgullo lucense: Diego AS, campión compartido das Graffiti Battles da Liga Nacional

O artista lucense Diego Anido Seijas, máis coñecido como Diego AS, ven de proclamarse campión -compartido, por empate técnico con NexGraff- das Graffiti Battles da Liga Nacional de Graffiti

PUBLICADA O

- Advertisement -

Despois de moitas semanas de competición, esta mañá foron publicados os resultados da final das Graffiti Battles da Liga Nacional de Graffiti. Tras unha votación popular moi reñida -preto de 8.000 votos cada finalista- o xurado da Liga Nacional decidiu de xeito extraordinario dar como resultado un empate técnico e unha victoria compartida entre Diego AS e o vasco NexGraff.

No caso de Diego os apoios foron moi numerosos e de persoeiros moi relevantes do panorama lucense e galego: Lara Méndez (alcaldesa de Lugo), Ana Pontón (deputada no parlamento de Galicia e portavoz nacional do BNG), Antonio Ameijide (concelleiro do PP en Lugo), Olga Louzao (concelleira de Ciudadanos en Lugo), Antón Gómez-Reino (deputado galego e portavoz nacional de Galicia en Común), José Manuel Balseiro, Xulio Ferreiro, Olalla Rodil, Pilar Cancela ou Juan Vidal Pardo foron algúns dos moitos políticos que mostraron o seu apoio. Salva Arco (capitán do Breogán), Roberto Trashorras, Pablo Ferreiro, Rocío Varela ou Diego Ríos algúns dos deportistas que tamén apoiaron a Diego.

Un verdadeiro orgullo para a cidade de Lugo, que dende hoxe pode presumir de contar cun campión estatal entre os seus artistas de rúa.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...