InicioCulturaAprender a ilustrar na escola como fixo Castelao

Aprender a ilustrar na escola como fixo Castelao

IlustrarNÓS contén unha serie actividades arredor da ilustración e as artes gráficas en centros educativos con obradoiros, charlas e intervencións artísticas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro presentou esta mañá a programación ilustrarNÓS, que inclúe diferentes actividades arredor da ilustración e das artes gráficas en centros educativos da provincia. A programación inclúe unha vintena de obradoiros, charlas e intervencións artísticas en centros educativos da provincia e un certame escolar, aberto á participación de alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Tomando como punto de partida o Día da Ilustración, que se celebra o 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao, a área de Cultura desenvolverá un catálogo de propostas coas que pretende ampliar o coñecemento desta expresión artística, das súas técnicas e creadores e creadoras, e fomentar a creatividade.

“Por primeira vez desenvolvemos desde a área de Cultura unha programación que pon o foco na ilustración e facémolo de man dos centros educativos porque consideramos que se trata dunha expresión artística que conecta moi ben co público novo, pola súa conexión co mundo editorial pero tamén coa animación, cos videoxogos, co cinema ou coa arte urbana”, explicou Ferreiro.

I CERTAME ILUSTRARNÓS

Co interese de difundir a obra de Castelao, fomentar a creatividade a través da Ilustración e descubrir novos valores, o convocarase o I Certame de Ilustración ilustrarNÓS, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, 1º e 2º de ESO, 3º e 4º de ESO e Bacharelato e Ciclos Formativos dos centros educativos da provincia de Lugo.

A dotación do premio consistirá en catro lotes (un por categoría) composto por material gráfico e tecnolóxico relacionado co mundo do deseño e a ilustración. Os centros educativos tamén acollerán nos vindeiros meses diferentes actividades relacionadas co mundo do deseño e a ilustración, pensadas para alumnado de diferentes niveis.

ARTISTAS

A axenda de ilustrarNÓS completarase cunha ducia de intervencións en centros de primaria e secundaria, a cargo de ilustradoras, muralistas e deseñadores que  deixarán a súa pegada en espazos habilitados nos centros que queiran sumarse á iniciativa. Os murais remitirán á figura e obra de Castelao ou da debuxante e pintora Lolita Díaz Baliño, a quen se dedica o Día da Ilustración 2021. 

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...