InicioCulturaOs fanzines toman Lugo a pesar da pandemia

Os fanzines toman Lugo a pesar da pandemia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo celebra esta fin de semana o 1º Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA, unha nova proposta cultural enmarcada na programación do concello do último trimestre do ano 2020,e  na que os fanzines son os protagonistas. O coronavirus non foi quen de paralizar este evento que amosa as outras formas de facer contracultura eexplorar e descubrir o traballo artístico de particulares e asociacións.

O punto de encontro principal de VAIA VAIA será o mercadiño de fanzines que se ubicará na rúa Soto Freire, e que contará con 20 artistas. Ao mesmo tempo, organizaranse distintas actividades para abarcar contidos que supoñan mergullarse na linguaxe da ilustración, a creación literaria, o grafismo e as artes visuais. Tamén se contará con distintas actuacións musicais para completar a programación do evento. “Todas as actividades serán de balde e seguirán os protocolos de prevención que vimos aplicando en todas as actividades culturais para garantir a Cultura Segura”, explicou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.

Durante dous días Lugo acollerá unha feira do fanzine e da autoedición, unha reunión pública e aberta a todas as persoas interesadas nas publicacións independentes e autoxestionadas”, indicou Maite Ferreiro. “Con esta iniciativa queremos abrazar o amateur e abrir as portas ás creadoras de Lugo que aínda non se deron a coñecer ou que nunca se atreveron a participar nun evento destas características”, engadiu.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Detido un home por múltiples delitos contra o patrimonio en Lugo

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como suposto autor de...

‘Fillos do Vento: A Rapa’ destaca en EEUU no escaparate mundial do cinema inmersivo

O cineasta galego Brais Revaldería presentou en América Fillos do Vento: A Rapa, unha...