InicioCulturaO cineasta Oliver Laxe, candidato ás Medallas Castelao 2020

O cineasta Oliver Laxe, candidato ás Medallas Castelao 2020

A Deputación de Lugo propuxo que o director de 'O que arde' sexa recoñecido pola súa traxectoria filmográfica, pero tamén polo seu compromiso co rural e, en concreto, cos Ancares. Alí, en Vilela (Navia de Suarna), está rehabilitando a casa dos avós para construír un centro pedagóxico e de coidado do territorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo rexistrou oficialmente este mércores a candidatura de Oliver Laxe ás Medallas Castelao 2020 en recoñecemento polo seu labor como cineasta e impulsor do Novo Cinema Galego, pero tamén polo seu compromiso e implicación co rural e coa comarca dos Ancares. Unha trintena de asociacións e concellos apoian esta proposta.

As Medallas Castelao son distincións que outorga a Xunta de Galicia a persoas que contribuíran á terra dende distintos ámbitos. A Deputación de Lugo, a proposta do seu presidente, coida que “Laxe é merecedor” de tal homenaxe por “defender o medio rural e potenciar proxectos culturais e de vida en xeral, pola súa implicación na cultura e nas tradicións, por ser fillo da emigración e basear parte da súa filmografía nun problema fundamental do territorio galego, como é o despoboamento e o abandono do rural”.

UN CENTRO CULTURAL E ECOLÓXICO EN VILELA

Este compromiso ao que se refiren non só se manifesta, pois, na súa famosa e multipremiada película O que arde ou no resto de filmografía, senón tamén nun proxecto que ten en marcha actualmente e que non se inscribe nos marcos dunha pantalla de cinema. Trátase dunha iniciativa para construír un centro pedagóxico, terapéutico e comunitario en Vilela (Navia de Suarna), na casa onde naceron os seus devanceiros.

Pretende ser un lugar no que realizar obradoiros, proxeccións, conferencias, xuntanzas comunitarias e culturais sen ánimo de lucro, ou actividades para coidar dun souto da zona. En definitiva, un espazo de encontro e creación que axude a reavivar a comarca dos Ancares e que aposte pola innovación. “Precisamos máis Oliver Laxe para impulsar o noso rural”, destacan dende a Deputación.

O ANO PASADO, BENEDICTA

A súa candidatura ás Medallas Castelao chega ao ano seguinte de que Benedicta Sánchez, veciña do Corgo e protagonista de O que arde, recibira esa mesma distinción por parte da Xunta de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...