InicioCultura"Nunca pensei que nunha cidade tan cativa e descoñecida como Lugo se...

“Nunca pensei que nunha cidade tan cativa e descoñecida como Lugo se fixeran tantas cousas”

O venezolano Simón Rodríguez e a brasileira Vivian Moldes son dous dos estudantes do Máster en Servizos Culturais da Facultade de Humanidades. Unha cuarta parte do alumnado deste posgrao é de Latinoamérica, descendentes de galegos na diáspora que agora atopan na cultura un pasaporte para regresar ás orixes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pegada da cultura é fonda e perdura, transcende as xeracións e o seu espírito, supera os lindes territoriais, ademais doutras fronteiras invisibles que depara a emigración. No Máster en Servizos Culturais da Facultade de Humanidades, en Lugo, constatan esta realidade ao descubrir na comunidade hispanoamericana un filón de graduadas universitarias con ascendencia galega que mostran interese por estudar na terra dos seus devanceiros. 

A acollida que está a rexistrar este Máster de Servizos Culturais entre os galegos da diáspora latinoamericana é “espectacular”, segundo a coordinadora do posgrao, Carme Silva. A iso axuda, di, o carácter transversal do mesmo, de maneira que acolle a multiplicidade de perfís. A cuarta parte do alumnado son persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que ofrece a Xunta para cursar estudos post-universitarios en Galicia.

É o caso do venezolano Simón Rodríguez Landaeta e a brasileira Vivian Moldes Expedito, que atoparon neste mestrado e mais na cultura o seu mellor pasaporte para volver ás orixes. Estes dous descendentes de pontevedreses anhelan construír futuro nesta beira do Atlántico. “O meu futuro é incerto, pero sei que desexo quedarme en Galicia”, afirma Simón, para quen estudar en Lugo “constituíu unha experiencia marabillosa”. “Namorei completamente desta cidade, da súa historia, do seu patrimonio arquitectónico, da súa paz e do seu sorprendentemente activo ambiente cultural. Nunca pensei que nunha cidade tan cativa e descoñecida se fixeran tantas cousas”, recoñece.

APORTACIÓNS Á ECONOMÍA DA CONTORNA

Vivian Moldes, do Brasil, estuda o Máster en Servizos Culturais en Lugo | ALX

Vivian Moldes di ser “unha galega nada en Río de Janeiro, que vive en Brasil porque aínda non conseguiu atopar traballo en Galicia“. Para ela, graduada en Belas Artes, esta xa é a súa terceira estadía en Galicia. “O meu obxectivo é quedar a vivir aquí”. Agora atópase en plena elaboración do seu Traballo Fin de Máster, un proxecto no que trata de mudar o concepto actual de turismo rural, centrado no aloxamento, cara á preservación e difusión do patrimonio rural.

Entre as súas propostas está, tamén, a de potenciar o consumo de produtos locais para mellorar as rendas das comunidades rurais. Vivian Moldes ten como plan de futuro “desenvolver o proxecto no que investiga na granxa familiar que rexenta a miña parella na comarca do Salnés”. Volven da diáspora á que marcharon os seus ascendentes e continúan creando país.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...