InicioCulturaUn recital virtual na honra de Carvalho Calero e da súa amizade...

Un recital virtual na honra de Carvalho Calero e da súa amizade con Díaz Castro

O colectivo Nova Poesía Guitirica trasladará a celebración das Letras Galegas ás redes sociais. Será o vindeiro domingo 17 de maio, ás 20.00 horas.

PUBLICADA O

Lonxe de que o estado de alarma tronce calquera posibilidade de celebración das Letras Galegas, o festexo e as reivindicacións inzarán as redes sociais. O colectivo Nova Poesía Guitirica (NPG) porá o seu gran de area cun recital en directo na honra de Ricardo Carvalho Calero. 
Será o vindeiro domingo 17 de maio, ás 20:00 horas, na súa páxina de Facebook. O acto comezará coa lectura do prólogo que Carvalho Calero escribiu para Nimbos, obra do autor guitiricense Xosé María Díaz Castro. Deseguido, cada poeta participante recitará algún texto do escritor das Letras Galegas 2020 ou ben algún poema que o homenaxee.
“A amizade entre Carvalho Calero e Díaz Castro dá a este recital un valor especial para a poesía guitirica”, destacan dende o colectivo, para o que o poeta dos Vilares é a súa “grande referencia e causa da súa existencia”.
Non será a primeira actividade deste tipo que realiza Nova Poesía Guitirica durante a corentena. No pasado mes, este grupo xa levou adiante dous actos poéticos nas redes “de grande éxito”. Foron o #RecitalnaCasadaNPG e #enredeversos, con preto de 50.000 visualizacións no seu conxunto.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...