InicioCulturaFriol suspende a IV edición do Friulio, prevista para o 9 e...

Friol suspende a IV edición do Friulio, prevista para o 9 e 10 de maio

O Concello e a Asociación de Recreación Histórica A Castronela son coñecedores da importancia desta festa castrexo-romana para os veciños do municipio, pero entenden que "o prioritario é reducir as posibilidades de contaxio".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Friol informa da suspensión da IV edición do Friulio, a festa castrexo-romana que estaba previsto celebrarse na vila os días 9 e 10 de maio. Á vista da evolución da crise sanitaria, o goberno local e a Asociación de Recreación Histórica A Castronela entenden que “non sería prudente nin responsable” seguir adiante con este evento multitudinario, que mesmo pode reunir unhas dez mil persoas.

A decisión foi tomada tras unha reunión telemática entre o alcalde do municipio, José Ángel Santos, e membros da xunta directiva de A Castronela, encabezada por José Antonio Viña.  “Seguro que os veciños de Friol e o resto de persoas que tiñan en mente asistir a este evento, que cada vez recibe maior número de visitantes, entenden que se tome esta medida polo ben común e para tratar de preservar o estado sanitario do municipio”, trasladan dende o Concello.

Tanto a Asociación de Recreación Histórica A Castronela como o equipo de goberno admiten ser “coñecedores da importancia do Friulio para a poboación do municipio”, pero cren que unha situación extraordinaria como a actual require actuar “dende a responsabilide e con coherencia”. “O prioritario é reducir ao mínimo calquera posibilidade de contaxio do virus”, comenta o alcalde.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...