Home Cultura Aberto o proceso selectivo para o posto de dirección da Banda Municipal de Música de Lugo

Aberto o proceso selectivo para o posto de dirección da Banda Municipal de Música de Lugo

0
Aberto o proceso selectivo para o posto de dirección da Banda Municipal de Música de Lugo
A concelleira de Cultura Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro | ALX

Comeza o camiño para cubrir o posto de dirección da Banda Municipal de Música de Lugo, vacante dende hai tres anos e medio. Coa publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, ábrese o proceso selectivo para acceder a esta praza, segundo informou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro.

Dende a xubilación do anterior director en setembro de 2016, a Banda ficou sen ninguén á súa cabeza. “Lugo non pode permitirse o luxo de ter unha banda con máis de 140 anos de historia sen ensaiar e sen tocar por falta de dirección“, declarou a edil de Cultura, que agradeceu “a implicación das integrantes da Banda Municipal durante estes meses, para manter vivo un servizo ás veciñas e veciños de Lugo a pesares de todas as dificultades”.

REQUISITOS

O procedemento será por oposición libre e a persoa que acade o posto asumirá a xefatura do servizo da Banda e da Escola Municipal da Música, tal como sinalou Ferreiro.  A praza a cubrir é do grupo A1 e as persoas que se presenten deberán acreditar, entre outras, a titulación superior de música na especialidade de dirección de orquestra.

As interesadas poderán comezar a presentar as solicitudes a partir de mañá, 26 de marzo, e o prazo rematará 20 días hábiles despois da fin do Estado de Alarma.

As probas constarán dun exercicio teórico e dunha proba práctica na que as aspirantes terán que instrumentar unha obra, facer unha análise completa dunha partitura e dirixir un ensaio da banda con dúas obras musicais. Segundo informou Maite Ferreiro, “o temario consta de 72 unidades e unha vez resolto o proceso selectivo para a cobertura definitiva da praza crearase unha lista de agarda coas persoas que superarán a proba selectiva”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here