InicioCulturaO Concello de Lugo aínda non valora a opción de suspender o...

O Concello de Lugo aínda non valora a opción de suspender o Arde Lucus

A pandemia xa afectou á programación das actividades culturais previas á festa romana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O goberno local de Lugo aínda non se formulou a posibilidade de suspender esta edición do Arde Lucus, cuxa celebración está prevista entre os días 25 e 28 de xuño. Iso si, xa se viu obrigado a modificar as datas do Arde Lucus Cultural, o programa de actividades culturais organizadas con carácter previo, a modo de prólogo da festa romana.

“Ninguén sabe o que pode durar isto, pero en principio das datas do Arde Lucus, de momento, non falamos nada”, dixo a edila Ana González Abelleira, responsable política da organización da festa, en declaracións a EFE. De feito, precisou que “se miramos cara a China”, onde a epidemia comezou “en decembro aproximadamente”, vemos que “agora van levantar o confinamento” a principios de abril.

A edila recoñeceu que, de todos os xeitos, a celebración da festa dependerá da evolución da pandemia, porque “o primeiro” é “a saúde da xente”. En todo caso, confía en que a situación mellore, dado que aínda faltan tres meses, e o Arde Lucus “se poida celebrar con relativa normalidade”.

ÚLTIMAS

Un incendio rexistrado na Pastoriza sáldase cunha persoa ferida con queimaduras

Unha persoa sufriu queimaduras e necesitou asistencia sanitaria nun incendio rexistrado nun alpendre na...

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras un choque en Lugo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas, e unha delas excarcerada, tras chocar un coche...

Unha disputa no fogar acaba cun home e unha muller detidos tras recibir asistencia sanitaria

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o domingo a un home e a unha...

Rescatan en Lugo a un can atrapado nunha xanela

Axentes da Policía Local rescataron en Lugo a un can que quedou atrapado na...