InicioCulturaDanza e teatro enchen de vida cultural a primavera de Lugo

Danza e teatro enchen de vida cultural a primavera de Lugo

O XXVI Festival de Teatro Universitario e o XVIII Encontro Universitario de Danza celebraranse na última semana de marzo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A primavera ha chegar a Lugo acompañada de moita vida cultural. Na última semana de marzo, a cidade acollerá o XXVI Festival de Teatro Universitario e o XVIII Encontro Universitario de Danza, dúas iniciativas de Lugo Cultural que contan co apoio da Deputación, o Concello e a USC.

A presentación das actividades tivo lugar este martes na Vicerreitoría da USC coa participación da vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, o coordinador da Aula de Teatro da USC no Campus de Lugo, Sergio Zaerreta, e o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera.

Ferreiro destacou que tanto o Encontro de Danza como o Festival de Teatro “son programacións moi consolidadas e valoradas polo público”. Pola súa parte, Valcárcel puxo en valor o “afán” da USC “para que a formación do alumnado non sexa simplemente académica”, senón “transversal” e aberta á sociedade.

O PROGRAMA

Así pois, o Festival do Teatro botará a andar o 27 de marzo, Día Internacional do Teatro durante o cal se lerá un manifesto na Praza Maior. As actividades prolongaranse ata fins de mes da man de catro compañías: a Compañía de Teatro USC-Lugo, a Compañía de Teatro USC-Santiago de Compostela, a compañía El Mayal Ule de León e a Aula de teatro universitario de Ourense Maricastaña. Todas elas actuarán no Auditorio Gustavo Freire con entrada gratuíta.

Ademais, o domingo 29 terá lugar o Mosaico, unha mostra de miniproxectos por parte de estudantes de Arte Dramático ou de persoas que estiveran nas Aulas de Teatro da USC.

Pola súa banda, o programa do XVIII Encontro Universitario de Danza conta coa participación de seis compañías, que ofrecerán espectáculos entre os días 27 e 28 no Vello Cárcere.

+ posts

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Taboada tras arrasar 55,85 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido este sábado o incendio forestal de...

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...