InicioCulturaEstes son os posibles deseños do cartel anunciador do Arde Lucus 2020

Estes son os posibles deseños do cartel anunciador do Arde Lucus 2020

As dez obras máis votadas pasarán a ser valoradas por un xurado profesional, que determinará cal é a proposta vencedora. As votacións estarán abertas ata o vindeiro 12 de marzo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comeza a conta atrás para escoller o cartel que anunciará o Arde Lucus MMXX. Dende onte e ata o vindeiro 12 de marzo, someteranse a votación popular os 41 deseños que se presentaron ao certame convocado pola área de Xuventude do Concello de Lugo. As obras seleccionadas serán valoradas posteriormente por un xurado profesional.

Os carteis poderán votarse na páxina de Facebook do Arde Lucus ata as 12:00 horas do 12 de marzo. Para poder participar, soamente é necesario rexistrarse cun enderezo electrónico, algo que permite un reconto de votos máis seguro.

O venres 13, un xurado formado por tres persoas expertas será o encargado de determinar a obra gañadora entre as dez que obtiveran máis apoios nas redes sociais. A persoa vencedora recibirá un premio de 1.300 euros e o resto de carteis quedarán expostos durante un mes na Casa da Xuventude.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...