InicioCulturaUnha exposición no Museo Provincial conmemorará o centenario da Revista Nós

Unha exposición no Museo Provincial conmemorará o centenario da Revista Nós

Unha mostra fará un percorrido pola significación e a obra dos principais persoeiros do Grupo Nós. Ricardo Carvalho Calero, por ser o homenaxeado deste ano no Día das Letras, terá un protagonismo especial. A inauguración será o vindeiro luns 2 de marzo, ás 20:00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Museo Provincial de Lugo ofrecerá, a partir de marzo, un percorrido pola obra dos principais persoeiros da Xeración Nós. ‘Ser diferente é ser existente. Nós de onte a hoxe. 100 anos de historia’ é o nome baixo o que se presenta esta exposición, que vén a conmemorar o centenario do nacemento da mítica Revista Nós.

A organización da mostra corre a cargo da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura e estará comisariada por Carlos L. Bernárdez. A súa inauguración será o vindeiro luns, día 2 de marzo, ás 20:00 horas, e terá lugar no Refectorio do Museo Provincial de Lugo.

Na exposición realizarase un percorrido pola significación e a obra dos principais persoeiros ligados á Revista Nós, cuxo primeiro número viu a luz o 30 de outubro de 1920. Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo ou Ánxel Casal serán algunhas das figuras presentes, aínda que o maior protagonismo levarao Ricardo Carvalho Calero, testemuña excepcional desta época e estudoso da obra do Grupo Nós. El é o o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020, así que a mostra prestaralle especial atención ao seu legado.

No acto de inauguración participarán a vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, Maite Ferreiro, Pilar García Negro, Carlos L. Bernárdez Mª Antonia Pérez, Alberte Ansede, Encarna Lago e Aurelia Balseiro.

ÚLTIMAS

Detido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro cun coitelo acusándoo de facer moito ruído

A Garda Civil detivo durante a madrugada deste martes a un veciño de Castro de Rei,...

Lea pola promoción do Arde Lvcus en Fitur: o Concello de Lugo reprende á Xunta

O Concello de Lugo e o PP protagonizaron nas últimas horas unha lea pola presentación do Arde Lvcus...

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...