InicioCulturaOs irmáns lucenses Jorge e Pepe Coira, premiados nos Feroz pola cinta...

Os irmáns lucenses Jorge e Pepe Coira, premiados nos Feroz pola cinta ‘Hierro’

O filme 'O que arde', de Oliver Laxe, tamén estaba nomeado en dúas categorías. A triunfadora da noite foi 'Dolor y gloria', de Pedro Almodóvar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A serie ‘Hierro‘ dos irmáns lugueses Jorge e Pepe Coira levou o galardón á Mellor serie dramática na gala dos Premios Feroz que outorga a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) e cuxa cerimonia de entrega se celebrouo pasado xoves.

Os creadores de Rábade (Lugo) foron os únicos galegos que saíron cunha figura dunha gala na que arrasou a película ‘Dolor y gloria’ (Pedro Almodóvar), que se fixo cun total de seis galardóns.

Entre a representación galega na sétima edición dos Feroz tamén figuraban a longametraxe ‘O que arde’ de Óliver Laxe, que optaba ao premio en cinco categorías —entre elas Mellor Película e Director—M e o actor Luís Tosar, candidato ao galardón a mellor protagonista por ‘Quien a hierro mata’, cinta producida pola compañía coruñesa Vaca Films.

‘Dolor y gloria’, nomeada ao Óscar na categoría de Mellor Película de fala non inglesa, logrou nesta edición dos Feroz un total de seis dos dez premios aos que aspiraba: Mellor película dramática, Mellor dirección, Mellor guión, Mellor actor protagonista (Antonio Banderas), Mellor actriz de reparto (Julieta Serrano) e Mellor música orixinal.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...