InicioCulturaFin de semana de música en Lugo

Fin de semana de música en Lugo

O Vello Cárcere acollerá tres concertos diferentes durante o sábado e o domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A música será protagonista esta fin de semana no Vello Cárcere. Concretamente, este centro sociocultural acollerá tres concertos diferentes. O sábado, 1 de xuño, será a quenda dunha artista que leva 35 anos nos escenarios, Vanesa Muela, que pecha o ciclo de Músicas Mesturadas, organizado polo Concello, xunto ao Trío Zarabal. Será a partir das 20:30 horas.

O domingo, 2 de xuño, haberá actuacións musicais en xornada de mañá e de tarde. Ás 13:00 horas, será a quenda de Lucus Ensemble e amigos para celebrar o seu quinto aniversario. Xa de tarde, dende as 19:00 horas, dentro da programación de Mulleres con Forza, Sonia Lebedynski presentará o seu novo disco, Desertos de Centos.

A asistencia a calquera destas actividades é totalmente de balde, ata completar cabida.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...