InicioCulturaQueremos Galego leva a súa reivindicación a prol do noso idioma a...

Queremos Galego leva a súa reivindicación a prol do noso idioma a Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Queremos Galego convoca este ano manifestacións en 13 localidades de Galicia o 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas. O membro da plataforma Luís Pérez Barral anunciou este luns en Lugo que quixeron este ano “deslocalizar a gran manifestación que se facía todos os anos en Santiago, para facilitar que todas as persoas poidan achegarse ás mobilizacións que serán simultaneas” en toda Galicia, en defensa do idioma galego.

Así, avanzou que “van ser 13 vilas e cidades, onde se van a rexistrar estas mobilizacións, baixo a lema ‘Liberdade, igualdade e xustiza para o galego’. “Cremos que hai que reivindicar a situación anómala que vive a lingua galega”, sostivo.

Entre esas situacións “anómalas”, Pérez Barral denunciou que “a Xustiza dita o 95 por cento das sentenzas en lingua castelá, e un cinco por cento en galego, ou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula parte da ordenanza de normalización lingüística no Concello de Lugo”.

Así mesmo, censurou, á súa vez, que no ámbito do ensino case un “23 por cento das persoas entre catro e quince anos non sabe falar galego”. Nesta liña, Barral reivindica “igualdade” para que as persoas que falan galego non teñan “impedimento de ningún tipo á hora de falar” a lingua de Galicia “en calquera situación”.

DOCUMENTACIÓN EN GALEGO

“Por exemplo, hai empresas que nos negan atención se queremos un documento en galego; non podemos abrir unha conta bancaria en galego, o seguro do coche négasenos si pedimos a poliza en galego ou, por exemplo, si nos queremos dirixir á administración do Estado si somos estudantes corremos o risco de que non se nos conceda a bolsa polo mero feito de non facer a petición en lingua galega”, denunciou.

En canto ás manifestacións deste venres, na cidade Lugo sairá ás 12,00 horas do venres 17 da Praza Maior.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...

O BNG insiste en que o Goberno actúe ante as continuas inundacións en Begonte

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, volverá levar ao Congreso a denuncia...