InicioSucesosCobran forza as críticas pola falta de previsión na Fonsagrada

Cobran forza as críticas pola falta de previsión na Fonsagrada

Centos de persoas continúan sen luz en varios núcleos da Fonsagrada, comarca onde aínda quedan camiños bloqueados e veciños incomunicados

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Nunca vin nada igual en outubro”, comentaba o rexedor da Fonsagrada sobre as nevaradas da fin de semana. Argelio Fernández Queipo observou que a situación complicouse en exceso porque as árbores aínda conservan a folla, acumularon máis neve e producíronse máis caídas das habituais. “E non ramas, árbores enteiras”. A pesar dos traballos, quedan na comarca centos de persoas sen electricidade, algunhas aínda incomunicadas.

Este retraso na limpeza dos camiños e o restabelecemento da enerxía fixo aparecer as primeiras críticas sobre a falta de previsión das autoridades, en especial o Concello da Fonsagrada, que conta co apoio da Deputación para despexar as estradas municipais. O municipio conta para esta tempada invernal cunha nova máquina quitaneves.

A Xunta de Galicia informou de que o domingo eran 10.000 os lucenses sen subministro eléctrico, mentres que na mañá do luns a cifra diminuíra a 3.000. A distribuidora Viesgo estimou que a meirande parte dos afectados que este luns permanecían sen luz, arredor de 750 entre A Fonsagrada e Meira, recuperarían o servizo ao longo da tarde. A compañía adica 120 empregados entre técnicos e persoal de atención. Por parte de Naturgy, antiga Fenosa, eran 989 os clientes que na tarde do luns continuaban sen luz, o que obrigou a mobilizar 130 empregados, segundo Europa Press.


Nos lugares en que as reparacións presentaron complicacións, núcleos illados e puntos de necesidades especiais, as subministradoras instalaron grupos electróxenos. A Deputación activou un plan especial en trece concellos, incluído o da Fonsagrada, por acumulacións de neve de ata medio metro de espesor.

Críticas na oposición

Grupos da oposición esixen ao rexedor maior dilixencia ante estes episodios. No Partido Popular consideran “inexplicable” a falta de previsión e a tardanza no despregamento dos medios mecánicos de limpeza. “É inconcebible que teñan que ser os veciños e veciñas os que retiren a neve e as árbores que invaden as vías do municipio”, poñendo de exemplo destes labores a vía entre Neira de Rei e Louxas, “onde esta mañá só estaban abertos os treitos de Becerreá”.

Os populares insisten na necesidade de “prever estas situacións, vivimos na montaña a mil metros, polo que neva con frecuencia”. Dende a formación defenden que non hai escusa para non estar preparados, tampouco a extensión da rede viaria. “Temos moita maquinaria no Concello, pero é preciso establecer un plan de actuación e coordinación para casos coma este”.

Semellante é o diagnóstico no Bloque Nacionalista Galego, onde censuran a “tar día resposta das distintas administracións e empresas subministradoras, sen coordinación entre elas e con escasos medios para facer fronte a este temporal”. Esta demora provoca que “sigan moitos lugares illados pola neve”, incrementando as consecuencias do temporal “nas familias, as explotacións e os negocios do rural”. “E moi grave, ademais, en casos onde hai enfermos encamados que necesitan osíxeno ou outras terapias”.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...