InicioSociedadeA Residencia da Fonsagrada cumpre un ano con teatro, menú especial e...

A Residencia da Fonsagrada cumpre un ano con teatro, menú especial e baile

O Presidente da Deputación enviou unha mensaxe audiovisual de felicitación: “O regalo máis importante é que estades todos e todas ben”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os residentes e traballadores e traballadoras do Centro de Atención a Maiores da Fonsagrada, o Residencial Rois, celebran este sábado o primeiro aniversario da posta en marcha deste servizo público da Deputación de Lugo. Ao longo de toda a xornada gozaron de diferentes actividades de lecer, que tiveron como temática transversal a Feira do Butelo, que coincide nestas datas e que este ano non puido celebrarse debido ás restricións sanitarias pola pandemia.

A comunidade do centro degustou un menú especial a base deste produto típico da zona, unha merenda, representou unha obra de teatro baixo o título A Nosa Feira, e participou nas actividades En Busca do Butelo e Furor -alusiva ó programa televisivo de finais dos 90 con orixinais probas musicais, de habilidade e preguntas-, ademais dun baile, entre outras sorpresas.

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, enviou aos residentes e aos traballadores e traballadoras do centro de atención a maiores provincial unha mensaxe audiovisual de felicitación “por este primeiro ano de convivencia na que é a vosa casa, un tempo no que formastes unha verdadeira familia, polo que quero darvos os parabéns”. “O regalo máis importante é que estades todos e todas ben, e que disfrutedes de todas as actividades que tedes preparadas”, subliñou.

A comunidade do Residencial Rois da Fonsagrada recibiu tamén mensaxex nos últimos días de familiares e seres queridos para felicitalos e desexarlles ánimo para continuar afrontando a situación provocada pola pandemia. As visitas non están permitidas por mor das restricións sanitarias e esta foi unha maneira de acompañar aos residentes nesta data tan especial.

DÍA DOS NAMORADOS

As actividades de lecer no centro da Deputación continuarán ata o martes con propostas vinculadas co Día de San Valentín e o Entroido. Mañá participarán en Lo que Necesitas es Amor, en referencia ao programa televisivo; e o luns e o martes presentarán e poñerán disfraces de Entroido, tratarán a historia desta festa, e elaborarán e degustarán doces típicos desta época, ademais dun menú especial.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...