Por Javier Lago Mestre
Todos ben sabemos do complexo xogo político entre os partidos. Dereita contra esquerda, constitucionalistas contra nacionalistas, etc. Iso si, cando chega a hora dos pactos políticos para gobernar, quedan ao marxe as ideoloxías e gaña o pragmatismo. Existen dous grandes partidos estatais, ademais doutras formaciois uniformizadoras (Vox, Ciudadanos, Upd…), nacionalismos periféricos e mailos rexionalistas. Neste caso queremos salientar un exemplo peculiar. Trátase do partido Unión do pobo leonés (Upl), un partido rexionalista que defende a segregación do seu país leonés (LE-ZA-SA) da Comunidade autónoma de Castela e León.
Recientemente a Upl remesou un texto aos medios de comunicación no que critica os intentos de rotulación en galego da toponimia do Bierzo. Segundo eles, a Xunta de Galicia non ten competencias lingüísticas para facelo. Por iso acusan dunha nova invasión cultural galega que eliminará as consideradas súas falas locais leonesas (fornelo, ancarés…). Tamén teiman no presunto colonialismo cultural nas terras leonesas que impoñerá o galego aos cidadáns.
Razón pola cal, o galego para os leonesistas é un idioma foráneo que en nada se semella ao seu galego local. Segundo eles, o galego é o de Santiago, normativizado, tan diferente ao galego dialetal berciano. Para eles, a súa fala galegoleonesa non ten relación co idioma galego. O único certo é que Galiza e O Bierzo compartimos lingua e entendemento mútuo, algo do que carecen no Leste leonés.
Por suposto, ese leonesismo político agocha a presenza da cultura galega no Bierzo desde a Idade Media. Mais os historiadores coñecemos os tumbos dos mosteiros bercianos (Carracedo, Cruniego, Espiñareda…) e galegos (Samos, Oseira, Cebreiro…), onde atopamos centos de documentos cos nosos topónimos en galego. Sen embargo, na Idade moderna progresa a castelanización toponímica nos censos fiscais e catastros. A consecuencia é que hoxe teñamos que vindicar A Veiga de Valcarce, Barxas, Vilafranca, Valboa, etc. A microtoponimia ten resistido mellor, ainda que a despoboación ameaza a súa memoria coletiva. Pola contra, a Lei do réxime local de Castela e León aínda obriga a que a denominar os concellos en castelán (artigo 24.1).
Cando a dita Upl fala de invasión política descoñece que desde O Bierzo demandamos a colaboración da Xunta de Galicia con preguntas parlamentarias. Tamén queremos a participación da Comisión toponímica de Galicia que ten investigado tanto na normalización toponímica. Os colectivos galeguistas sabemos da importancia das instituciois públicas, propias e alleas, na proteción do galego. Velaí a reclamación dun convenio ou protocolo xurídico entre Xunta, Junta e Consello comarcal berciano que regule a colaboración con medios persoais, técnicos e económicos conxuntos. La Lei da Comarca do Bierzo recolle a mención expresa á “protección e fomento do galego”, que ben se pode realizar coa restauración toponímica galega.
A REVIRADA POLÍTICA ANTIGALLEGA
A Upl ten por costume atacar sen medida a lingua galega do Bierzo. Lembramos cando se recoñeceu o idioma galego no Estatuto de autonomía de Castela e León (ano 1999), daquela se falaba da imposición da presunta oficialidade. Cando chegou o ensino do galego aos colexios e institutos (2000), críticas de colonización e obrigatoriedade de dito idioma foráneo. Logo asistimos ao intento da Upl de eliminar a mención do galego no Estatuto de autonomía de Castela e León (2005). No seu momento non faltaron as críticas á RTVG pola súa misión de aculturización antileonesa. Hoxe voltan á carga, acusan infundadamente de rotulación forzosa da toponimia galega no Bierzo. O derradeiro delirio leonesista ten sido un cartel da Upl juventudes. Neste carteliño xorde unha man co debuxo da bandeira galega que apresa un mapa do Bierzo, co lema “fuera la garra gallega”. Todo é pura dinámica política antigallega e, á vez, antiberciana.
Para a revirada dinámica leonesista hai un plan político de afastar máis O Bierzo de León, co fomento da cultura e lingua galegas. Os seus inimigos son claros, A Xunta, o nacionalismo galego e maila Junta de Castela. Estes tres xuntos fan a pinza política ao illado leonesismo. Ademais, os galeguistas do Bierzo son a quinta columna que cuestionan constantemente a existencia das esencias leonesistas (historia, territorio, cultura…). Baixo esta agresiva ideoloxía leonesa, convén saber que a Upl ten escasa representación política e menor apoio social na comarca. Para nada esta desesperada reación terá consecuencia negativas nos procesos de normalización do galego no Bierzo que seguerán paseniño no século XXI.
O do único integrante de Fala Ceibe é delirante. De unha mao ataca contra a diversidade do noso galego patrimonial berciano, que é o que falam eses cidadaos (que non “cidadáns”, pronuncia imposíbel en boca dos nosos paisanos) para impor uis novos topónimos deturpados, desta vez en galego normativo para sustituir os xa deturpados dende Castela nos catastros madrilanos; e de outra ataca as perguntas comprensíveis que nos facemos o povo preocupado polo noso patrimonio lingüístico, pois o que se deduz das propostas do coletivo unipersonal de Fala Lago ou Xabier Ceibe, desculpaime pelo lapsus, é que van galeguizar topónimos que nunca existiron vomo Compostela por Compostilla ou Cubelos por Cubillos que están fora da área de língua galega e xa o estaban no século XIII.
Tamén erra muito cos dados, pois ese 1999 foi 1994, un ano antes de que a UPL nasceu e que dificilmente podia ter-se oposto, e no 2006, que non 2005 foi o BNG dende o Congreso que un dos seus deputados dizo “son filólogo e non sei o que é o leonés” negando como fixo neste mesmo artigo o galeguista exiliado que exista a língua leonesa, que non só é a falada en territorios incluidos no Consello Comarcal como o caso de Fornela, Páramo del Sil, Palacios, Benuza e varios outros municipios do Norte e Este do Bierzo (Berlanga, Espinareda, Fabero, Toreno, Noceda, Igüeña…) tamén é falada noutras comarcas da provincia leonesa como as vicías Cepeda, Laciana, Omaña, Babia, Maragatería, Valdería e outras mais distantes como Argüellos, Gordón ou Sajambre (poderia usar os topónimos leoneses, pero para que os leigos se orienten é todo o territorio que limita co Bierzo e com Asturias) sen necesidade de recordarlle que Zamora fai parte do mesmo porque para Lago a vicía Sanabria non existe, e menos ao Leste das Portelas.