InicioEconomíaRepresentantes de Galicia e do Bierzo piden a inclusión no Corredor Atlántico

Representantes de Galicia e do Bierzo piden a inclusión no Corredor Atlántico

Medio cento de dirixentes galegos, do Bierzo e Maragatería reuníronse no Barco de Valdeorras para pedir a integración na rede europea de transportes do camiño de ferro do Atlántico

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión Europea confirmou que o goberno central pediu a inclusión do percorrido Ourense-Monforte-Palencia no corredor do Atlántico. Esta noticia déuse a coñecer na reunión celebrada no  Barco de Valdeorras, onde se reuniron persoeiros políticos e empresariais vinculados ao Eixo Atlántico, do que é presidente Alfredo García, alcalde do Concello de O Barco.

En total foron cincuenta persoas chegadas de Galicia, O Bierzo e Astorga que precisamente trataron a integración deste camiño de ferro na liña atlántica europea. A proposta busca tamén a confluencia coa liña que vén desde Aveiro, Portugal na capital palentina. Para que isto sexa así, solicitan a achega dos fondos europeos previstos para a modernización do que deron en chamar “a T deitada”, polo trazado desta conexión ferroviaria.

As persoas reunidas no Barco consideran que a petición e os investimentos que se realicen son determinantes para o futuro dos portos galegos. Seguen así a visión dos expertos que ven precisa a concentración das mercadorías en Monforte para articular un tren diario desde esta vila cara a fronteira con Francia. O obxectivo é ser competitivos coas conexións que veñan do Mediterráneo e doutros portos europeos e tamén a mellora na liña Alvia que comunica Galicia con Barcelona.

Reunión do Eixo Atlántico no Barco

AUSENCIAS 
Na reunión estiveron presentes o voceiro parlamentario de En Marea, Luis Villares e do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, ademais de representantes de sectores industriais como o da lousa, loxística e dos empresarios galegos. Tamén estiveron presentes representates comarcais, das deputacións de Lugo e Ourense e dos concellos que percorre a liña ferroviaria, así como representacións sindicais.

ausencia de representantes dos portos galegos, así como do goberno da Xunta de Galicia, chamou a atencións dos convocantes, logo de ter cursado un convite á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que declinaron asistir por motivos de axenda. Isto fixo que o secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao lamentase “a falta de compromiso do goberno galego co interior de Galicia, xa que nin estiveron na reunión para a defensa do Porto Seco de Monforte nin na da  liña do tren, que son esenciais para a supervivencia dos portos galegos e do interior galego”. Despois dun longo debate acordouse pedir unha entrevista co ministro de Fomento para ofrecerlle a colaboración das institucións e facer un seguemento ata ter os orzamentos precisos.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...