InicioSociedadeAtraccións e deportes para as praias fluviais da provincia

Atraccións e deportes para as praias fluviais da provincia

A Deputación organiza actividades lúdicas e deportivas á beira do río de oito concellos de menos de 5.000 habitantes, de xullo a setembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

As praias fluviais da provincia de Lugo terán un aliciente lúdico e deportivo de xullo a setembro. A Deputación organiza un programa de actividades de balde para dinamizar os espazos naturais de oito concellos de menos de 5.000 habitantes, concretamente Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Láncara, Trabada e A Pontenova. 

Enfocadas a todos os públicos, estas actividades contarán con supervisión e animación musical. O calendario foi presentado este xoves polo deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, na Praia Fluvial da Pobra de San Xiao de Láncara. “Esta iniciativa contribúe a poñer en valor o nosos recursos naturais e paisaxísticos, xa que as actividades desenvólvense en enclaves únicos”.

O representante provincial sinalou que a iniciativa aspira a converterse en alternativa ao turismo de costa, ofrecendo aos visitantes poder descubrir o lecer tamén nos ríos de Lugo. “E ao mesmo tempo impulsamos unha actividade deportiva para todas as idades, gratuíta, que contribúe a mellorar a nosa calidade de vida”, concluíu. 

As actividades das praias fluviais son de carácter gratuíto, lúdico e deportivo. Inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… así como a animación musical e xogos populares.

Cada sesión de entre tres e catro horas contará coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores. Este persoal asegurará o coidado e a atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.

 

Programación

  • Ribeira de Piquín 28 de xullo- Área Recreativa Chao do Pousadoiro (17:00 a 20:00 horas).
  • A Fonsagrada – 5 de agosto- Praia Fluvial Pena do Inferno (17:00 a 20:00 horas)
  • Navia de Suarna –11 de agosto- Área Fluvial A Pobra de Navia (16:30 a 19:30 horas)
  • Negueira de Muñiz – 15 de agosto – Área Recreativa Virxe da Veiga (16:00 a 19:00 horas)
  • Ribas de Sil – 16 de agosto- Praia Fluvial de San Clodio (17:00 a 20:00 horas)
  • Láncara – 19 de agosto- Praia Fluvial da Pobra de San Xiao (17:30 a 20:30 horas)
  • Trabada – 26 de agosto- Ría de Abres (16:00 a 19:00 horas)
  • A Pontenova – 1 de setembro- Pozo da Ola (17:00 a 20:00 horas)

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...