InicioSociedadeRexistrado un lixeiro terremoto con epicentro entre Baleira e Navia no mediodía...

Rexistrado un lixeiro terremoto con epicentro entre Baleira e Navia no mediodía deste luns

O sismo, de magnitud 2.9 na escala Richter, sentiuse en localidades próximas, como Castroverde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou durante o mediodía deste luns un terremoto de magnitude 2.9 con epicentro entre Baleira e Navia de Suarna, preto da Cruz do Restelo. O movemento de terra foi orixinado a tres quilómetros de profundidade.

O tremor produciuse algo antes das tres da tarde, segundo datos do IGN, e chegou a sentirse en localidades próximas, como Castroverde. Nun primeiro momento, os cálculos situaban o epicentro do terremoto no concello de Baleira, pero unha revisión posterior indicaba que o punto da superficie onde se producira xa pertence ao termo municipal de Navia de Suarna.

Este organismo pón a disposición da cidadanía un cuestionario macrosísmico para recompilar información máis precisa sobre o sismo e sobre os lugares onde se sentiu.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...