InicioCultura'O que arde' gaña o Premio Gaudí á Mellor Película Europea

‘O que arde’ gaña o Premio Gaudí á Mellor Película Europea

O filme tamén conseguiu o galardón á Mellor Fotografía. O equipo agradeceu o recoñecemento cun discurso en galego e catalán no que reivindicaron a importancia do rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segue o éxito de O que arde. O filme, dirixido por Oliver Laxe e rodado nos Ancares, vén de gañar o galardón a Mellor Película Europea nos Premis Gaudí da Acadèmia del Cinema Català. O equipo de O que arde dedicoulles o premio a todas as persoas galegas que viven en Catalunya. Durante o discurso, no que conxugaron galego e catalán, tamén reivindicaron o poder do rural.

O director do filme, Oliver Laxe, lembrouse  de “todos os galegos que viven en Cataluña, que viron e apoiaron a película, que encheron as salas”. Pola súa parte, o produtor Xavi Font agradeceu o recoñecemento a unha cinta “cun contido tan fráxil”, “feita na periferia e no rural galego”. Precisamente, Xavi Font quixo destacar que é “responsabilidade” de todos “coidar o noso rural, que é gran parte da nosa memoria”.

O filme, coprotagonizado polo fonsagradino Amador Arias e pola corguesa Benedicta Sánchez, competía con outras tres películas: La favorita, de Yorgos Lanthimos; Lazzaro feliz, de Alice Rohrwacher, e Retrato de una mujer en llamas, de Céline Sciamma.

MELLOR FOTOGRAFÍA

As impresionantes imaxes de O que arde fixeron que a cinta tamén resultara triunfadora na categoría de Mellor Fotografía, obra de Mauro Herce. 

Así pois, O que arde conseguiu dous importantes galardóns unha semana antes da celebración dos Premios Goya, nos que o filme está nomeado en catro categorías: mellor película, mellor dirección, mellor actriz revelación e mellor fotografía.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...