A Deputación de Lugo mantén despregado o dispositivo de inverno que traballa no acondicionamento de estradas de dez concellos da Montaña pola presenza de placas de xeo e acumulación de neve.
Nun comunicado, o executivo provincial informou de que os operativos traballan nas estradas nas zonas de Ancares, A Fonsagrada e O Courel. O seu labor consiste en desfacer as placas de xeo e retirar as capas de neve -de ata cinco centímetros- para “garantir a seguridade dos usuarios das vías”.
Hai afectadas trinta de estradas repartidas por Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Quiroga, Ribas de Sil e Samos.
- Cervantes: LU-P- 1401 “da LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; 1404 “De San Román a Quindós”; 1405 “de Campa da Braña a Tres Bispos”; 1411 “de Vilanova ao Portelo”; 1412 “de Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”, LU-P-0702.
- A Fonsagrada: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-1906 “de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos”; LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-1901 “De Fonsagrada a Navia”; LU-P-4606, LU-P-4811.
- Navia de Suarna: LU-P-3501“de Paradela ao Alto do Restelo”; LU-P-3502 “de Muñís a Rao”, LU-P-3508 “De Rao por Murias a Balouta”; LU-P-3505 “de Navia por Silvouta”, LU-P-3509 “de Navia ao alto de Labiadas”.
- Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz, LU-P-3602 “de Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.
- Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”, 4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”, 4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”.
- As Nogais: LU-P-3701 “de As Nogais, por Pintinidoira á LU-P-4504”; LU-P-4503 “de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan”; LU-P-0707 e LU-P-3702.
A Deputación recordou que “ofrece asistencia viaria municipal a todos os concellos” e que o fai “de modo totalmente gratuíto”, unha prestación “que non ofrecen o resto das administracións” e que “é moi necesaria para as entidades locais, debido á súa falta de medios”. Máis información sobre os concellos do sur no Xornal de Lemos.